Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Concentración de VW Vintage Aircooled Camiño de Santiago

Data: 
29/10/2017
Lugar: 
Paseo da Corredoira

O Paseo da Corredoira acollerá o domingo, 29 de outubro, de 10 a 12.15h unha concentración de vehículos Volkwagen Aircooled participantes no Camiño Camiño Portugués a Santiago organizado polo Vintage Volkswagen Club de Galicia.

A trintena de vehículos participantes chegarán ao Paseo da Corredoira ás 10.00 horas, onde estacionarán para realizar unha visita guiada pola Catedral, sendo a partida ás 12.15 horas en dirección a Caldas de Reis, para continuar posteriormente ata Padrón.

O Vintage Volkswagen Club apostou este ano por celebrar o seu encontro anual realizando unha versión “motorizada” do Camiño de Santiago dende Tui. Teñen confirmada a participación 58 persoas en 30 clásicos de VW chegados de distintos puntos do país e tamén dende Portugal.