Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema "O Corno"

Data: 
8/03/2024
Lugar: 
Teatro Municipal de Tui

A proxección de “O Corno” de Jaione Camborda será a cita do venres, 8 de marzo, ás 21 h no Teatro Municipal de Tui.

O filme protagonizado por Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchaán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás e Diego Anido recibiu a Concha de Ouro á Mellor Película no Festival de San Sebastián o ano pasado.  Conta a historia de María, que tras un suceso inesperado fuxe do seu fogar na Illa de Arousa, cruzando a fronteira por unha das rutas de contrabandistas entre Galicia e Portugal. As entradas pódense adquirir aos prezos de 6€ e de 4,5€.

  • Venres, 8 de marzo, ás 21 h
  • Publico +12 anos            
  • Duración 100min                            
  • Idioma galego 
  • Prezos 6€ - 4,5€

Entradas