Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema de Verán "Small foot”

Data: 
2/08/2019
Lugar: 
Praza de San Fernando

O venres, 2 de agosto, ás 22.15 h proxectarase na praza de San Fernando a película "Small foot" dentro do ciclo Cinema de verán.

Trátase dunha aventura animada para todos os públicos dirixida por Karey Kirkpatrick, con música orixinal  de Heitor Pereira.

"Smallfoot" dá un xiro á lenda de Bigfoot cando un Yeti novo e listo se atopa con algo que pensaba que non existía: un ser humano. Esta noticia traelle fama e a oportunidade de conseguir á moza dos seus soños. Tamén, provoca unha conmoción na sinxela comunidade de Yetis ao preguntarse que outras cousas poden existir máis aló da súa aldea nevada. É unha historia alegre sobre a amizade, o valor e a alegría do descubrimento.