Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Cinema de Verán "El regreso de Mary Poppins"

Data: 
24/07/2019
Lugar: 
Praza de San Fernando

O mércores, 24 de xullo, ás 22.15 h na praza de San Fernando proxectarase “El regreso de Mary Poppins” dentro do ciclo “Cinema de verán”. 

A película dirixida por Rob Marshall está protagonizada por Emily Blunt e completan o reparto Lin-Manuel Miranda, Ben Whishaw, Emily Mortimer, Colin Firth, Meryl Streep, Angela Lansbury e Julie Walters.  A película conta con nove cancións orixinais e un máxico percorrido polos lugares máis emblemáticos de Londres. O regreso de Mary Poppins é unha divertida e inspiradora película protagonizada por unha gran icona, Mary Poppins.

Despos de 24 anos da primeira visita de Mary Poppins, Michael Banks, o fillo dos Banks, ten agora a súa propia familia e traballa no mesmo banco que o seu pai e avó. Debido aos seus problemas económicos Michael loita por coidar do seu tres fillos, pero xusto cando a familia teme que as cousas empeoren, Mary Poppins volve ás súas vidas.