Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ciclo “José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema”

Data: 
16/11/2023
Lugar: 
Teatro Municipal

O Teatro Municipal de Tui acollerá este xoves, 16 de novembro, a proxección de distintos traballos de José Gil, pioneiro do cinema galego. Será dentro do ciclo “José Gil. Pontevedra, provincia de cine, na orixe do cinema” da Deputación de Pontevedra, Vía Láctea Films, Cine na Rúa e a Editorial Galaxia, que nesta ocasión conta coa colaboración do Concello de Tui. 

Pola mañá a cita será para alumnado dos centros educativos tudenses, e pola tarde para o público en xeral. O programa previsto é o seguinte: 

Xoves 16 no Teatro Municipal de Tui 

  • De 10 a 13.30 h Xornada para o alumnado dos centros de ensino
    • Filmes que proxectaba José Gil no seu cine Royalti de Ponteareas nos anos 20.
    • Kin auto Race at Venice (1914). A primera aparición de Charlot 6’
    • Vertixe de Harold Lloyd (1921) 20 ‘
    • Antoloxía de imaxes dos filmes de José Gil 5’
    • Visita guiada por Manolo González e Ignacio Vilar ao Cinemóbil nº3 con 16 paneis explicativos sobre o cineasta.
  • De 18 a 20 visitas guiadas ao Cinemóbil para a veciñanza
  • De 20 a 21.30 h proxeccións de filmes para o público xeral:
    • Filmes que proxectaba José Gil no seu cine Royalty de Ponteareas en 1923.
      • As imaxes de José Gil 5’
    • O Ronsel de José Gil: Curtametraxes
    • O carro e o home de Antón Román (1942) 12’
    • Mamasunción de Chano Piñeiro (1984) 20’
    • Ser e voltar de Xacio Baño (2014) 13’

José Gil percorreu Tui entre os 7 e os 12 anos (1877-1882) ao estar destinado o seu pai, garda civil, na casa cuartel de San Bartolomeu. Anos máis tarde, en 1910, filmou paisaxes e espazos tudenses. En 1926 desenvolveu na cidade un pequeno filme de propaganda co gallo da Feira do automóbil de Pontecesures.  Tomou imaxes do Balneario de Caldelas, onde tentou paliar a tuberculose das súas fillas, que recolleu no documental “Galicia y los balnearios”.

En 1933, catro anos antes do seu falecemento, a fábrica de galletas tudenses “La Peninsular” patrocina o seu derradeiro Noticiario de Galicia nº11 con vistas da catedral, zona vella, industrias e comercios de Tui.