Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Campamento de Verán 2019

Data: 
15/07/2019

Do 15 de xullo ao 16 de agosto celebrarase o Campamento de Verán de Tui 2019 organizado polo Concello de Tui. Terá lugar de luns a venres de 9 a 14 h en dúas quendas:do 15 ao 31 de xullo, e do 1 ao 16 de agosto.

Este campamento vai dirixido a aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofertar unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido por quenda e participante en 30,56€.

O prazo de inscrición é do 11 ao 21 de xuño, entregando a solicitude e a documentación requirida, na secretaría da casa do Concello de Tui.

Condicións xerais

Solicitude de inscrición