Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Camiño do Nadal

Data: 
12/12/2020
Lugar: 
Tui

“O Camiño do Nadal” é o lema da campaña de Nadal do Concello de Tui .

*as actividades programadas poden sufrir variacións en caso de choiva

Tui, O Camiño de Nadal

Programación de rúa

Sábado 19

  • Ás 12:30 h Grupo de gaitas Aloia de Pazos de Reis
  • Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos
  • Ás 19:30 h Banda de Música Popular de Tui 

Domingo 20

  • Ás 12:30 h Grupo de gaitas O Mosteiro de Pexegueiro

Martes 22

  • Ás 17:30 h Barafunda "Alicornios"

Xoves 24

  • Ás 17:00 horas no Paseo da Corredoira O Apalpador
  • Ás 18.00  h Asacocirco "De Branco"
  • Ás 18:30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe
  • Ás 19.30 h Grupo de gaitas Xuntanza de Randufe

Sábado 26

  • Ás 12:00h Troula "Krasnobarak"
  • Ás 12:30h Grupo de gaitas Seixos Albos de Areas
  • Ás 13:00 h Banda de Música Popular de Tui 
  • Ás 17:00h Troula “O Carteiro Real”
  • Ás 18:00 h Asacocirco "Con Frac"
  • Ás 18:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas
  • ÁS 19:00h Alumnado da Escola de Gaitas e Percusión A Insua de Caldelas
  • Ás 19:30h Banda de Gaitas Arume de Malvas

Domingo 27

  • Ás 13:15 h Grupo de Gaitas San Fins de Rebordáns

Martes 29

  • Ás 18:30 h Banda de Música Popular de Tui 

Mércores 30

  • Ás 18:30 h Charanga Cantos Somos

Martes 5 de xaneiro

Iluminación

As rúas e prazas do centro urbano e tamén a entrada de cada parroquia tudense contan con iluminación de Nadal. Este ano foron colocados 113 arcos e 55 elementos de iluminación con tecnoloxía led.

A principal novidade este ano é a iluminación de novo, tras oito anos, do gran abeto situado no cruzamento entre o Paseo da Corredoira, a Avenida da Concordia e rúa Maristas.

Decoración de rúas e prazas

Na decoración de rúas e prazas este Nadal optouse pola posta en valor dos elementos locais, a reutilización de elementos e a reciclaxe marcan a decoración destas festas. 

Destacando o Camiño Portugués de Santiago, do que Tui é a porta de entrada a Galicia. Así unha frecha amarela e a palabra “Tui”  son a imaxe desta campaña “O Camiño do Nadal”.

Na decoración realizada primou a reutilización e a reciclaxe de elementos. Entre as principais novidades está a colocación dunha casiña de madeira de Nadal na zona peonil do Paseo da Corredoira, para a que se reutilizou unha estrutura de madeira que hai anos foi oficina de Turismo.  Xunto a esta casiña de chocolate hai tamén un pergamiño no que deixar mensaxes para estas festas, o buzón real ou un elemento decorativo coas imaxes da campaña para poder facerse fotografías  

Tamén se incorporan á decoración figuras de anxos realizados con madeira e corda, e xunto a farois de madeira.

Un pequeno tren de madeira, bicicletas, renos, coellos, … son outros dos elementos, estreados xa en 2019, e que volven reutilizarse nestas festas.

Tamén se volveu instalar na rúa Ordóñez a árbore de Nadal de madeira coa frecha amarela coma estrela e co nome de todas as parroquias na súa base. 

Estes elementos están colocados nas prazas de Fromista, a Armada e San Fernando, a carón da igrexa de San Telmo, no Paseo da Corredoira, nas rúas Ordóñez, Ourense, Colón, e no Paseo Familia Álvarez Blázquez. 

Actividades na rúa

Está organizado un programa de animación musical  e teatral nas rúas durante as datas festivas a cargo de distintos grupos.

Recepción dos Reis Magos

 O 5 de xaneiro está confirmada en Tui presenza dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar. 

Outras iniciativas