Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Butacazero con ‘Papagena’

Data: 
21/10/2022
Lugar: 
Teatro Municipal

Butacazero presentará o venres, 21 de outubro, ás 21.30 h, no Teatro Municipal a súa ópera contemporánea ‘Papagena’. Trátase dunha ópera electrónica nacida a partir da figura da personaxe homónima da Frauta Máxica de Wolfgang Amadeus Mozart. Unha produción que fala da loita contra o sexismo e na que a soprano Esperanza Mara, o barítono Jacobo Rubianes Castelo e a música en escena do propio compositor, Iago Hermo, serán os piares desta peza deseñada para chegar tanto aos grandes teatros como a aqueles espazos e vilas onde a ópera quizais nunca chegou.

  • Autor, música e libreto Iago Hermo
  • Dirección Castiñeira & Carrodeguas
  • Elenco: Esperanza Mara e Jacobo Rubianes Castelo
  • Escenografía e iluminación Ana Arteaga
  • Vestiario Diego Valeiras
  • Xénero: Ópera
  • Duración: 50 minutos
  • Recomendada: + 12 anos
  • Entrada de balde previa reserva en www.tui.gal