Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Ana Belén Rodríguez Trío en concerto

Data: 
16/07/2021
Lugar: 
Praza de San Fernando

A praza de San Fernando será o escenario do concerto de Ana Belén Rodríguez Trío este venres, 16 de xullo, ás 22 h dentro do ciclo “Música no ar” da Deputación de Pontevedra. A formación está integrada por Ana Belén Rodríguez, piano; Noelia Álvarez, voz; e Kiri Cabaleiro, gaita, frauta, percusión.

Interpretarán Lágrimas negras de Bebo Valdés e El Cigala, Armando's Rumba de Chick Corea, Total Eclipse of the Heart de Bonnie Tyler, Titanium de David Guetta, Piratas do Caribe de Hans Zimmer, Lela de Dulce Pontes, Someone you Loved de Lewis Capaldi, Sáhara de Tongo, With or Without You de U2, This is Me de O Gran Showman ou Hallelujah de Leonard Cohen.

A entrada ao concerto é libre até completar o aforo establecido de 120 cadeiras.