Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

8M, Día Internacional da Muller

Data: 
7/03/2024
Lugar: 
Tui

“Contra o negacionismo máis feminismo" é o lema do programa co que este ano o Concello de Tui conmemora o 8M, Día Internacional da Muller. 

Venres, 1 de marzo

  • Inicio do Club de Lectura “Tempo de Mulleres” dinamizado por Cristina Fernández Ameal

Sábado, 2 de marzo

  • Obradoiro “Tecendo Feminismo” con MYR Lanas no edificio da Praza da Inmaculada. Elaboración en crochet dun lazo morado, símbolo feminista.

Xoves, 7 de marzo

  • Ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez
    • Encontro coa escritora Belén Varela que presentará o seu libro “El cielo de los imperfectos”.

Venres, 8 de marzo

  • Ás 18.30 h no edificio da praza da Inmaculada acto conmemorativo do Día Internacional da Muller.
    • Acción artística “Deshabitada” a cargo da actriz Nerea Brey e a videocreadora Miriam Rodríguez
    • Lectura do manifesto do 8M a cargo de mulleres tudenses deste 8M de 2024.
  • Ás 19.30 h, no salón de actos do Conservatorio Profesional
    • O alumnado do centro ofrecerá un concerto-homenaxe a mulleres compositoras ao longo da historia.
  • Ás 21 h no Teatro Municipal
    • Proxección de “O Corno” de Jaione Camborda. Entradas á venda en tui.gal

Xoves, 14 de marzo

  • Ás 20 h na Sala Félix Rodríguez
    • Charla da deportista Paula Dapena co título “A futbolista galega que se negou a gardar un minuto de silencio por Diego Armando Maradona”.

Venres, 15 de marzo

  • Na aula da UNED “Mulleres conectadas”
    • Xornada de networking entre mulleres que este ano adquire carácter internacional ao abrirse a participación á Eurocidade Tui-Valença.
    • É preciso inscrición. + info tui.gal

Domingo, 17 de marzo

  • Ás 11 h saída da Praza da Inmaculada roteiro teatralizado Camiñando con elas
    • Percorrido dunha hora polo conxunto histórico no que se coñecerá a vida e historia de dez mulleres tudenses: Antonia Saravia, Cándida Rodríguez, Clara Torres, Conchiña Concheiro, Evagelina Jaso, Josefa Correa, María Suárez Sarmiento, María Tydeska, Raíñas Dona Urraca e Rosa Bahamonde. Inscrición previa na Oficina de Turismo.

Xoves, 21 de Marzo

  • Ás 19.30 h na Sala Félix Rodríguez
    • Encontro coa escritora Inma López que  presentará o seu libro “Escola de mulleres”.

Ademáis

As librarías de Tui ofrecerán o venres 8 e sábado 9 un 5% de desconto na sección especial “Feminismo” onde ofertarán libros sobre feminismo, empoderamento feminino, e outros que permitirán descubrir a mulleres importante ao longo da historia. 

Ao longo deste mes de marzo a Biblioteca Municipal contará cunha sección especial con esta temática.

No Club de Emprego no programa Día a Día da Radio Municipal,os luns ás 10 h, participación de “Mulleres líderes” tudenses. 

Nas redes sociais de Quero Tui campaña “Elixe Igualdade” na que se porá en valor ás mulleres comerciantes da cidade e a súa aportación á economía local.