Bases Mercado Elas Facedoras 2026
Bases Mercado Elas Facedoras 2026
Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.
Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre información, asesoramento e asistencia a mulleres”.
Bases Mercado Elas Facedoras 2026
A creatividade feminina será a protagonista na segunda edición do Mercado Elas Facedoras que se vai celebrar o sábado 14 e o domingo 15 de marzo no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Trátase dunha actividade organizada polo Concello de Tui a través da concellería de Igualdade.
Mañá luns, 2 de febreiro, ás 12 h na praza do Concello convocamos un minuto de silencio en repulsa polo asasinato de María Belén hoxe en Mos, en sinal de solidariedade coa súa familia e amizades, e de condena de todo tipo de violencia.
IV Plan de Igualdade Concello de Tui - 2026
O Concello de Tui ten en vigor o seu IV Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes, unha ferramenta estratéxica e indispensable que marca a folla de ruta das políticas municipais de igualdade para os próximos anos. O documento obtivo o apoio unánime da corporación no último pleno.
O Concello de Tui realizará mañá martes, 25 de novembro, dous actos para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”. Cos mesmos fará unha chamada á reflexión colectiva sobre as violencias que atravesan a vida das mulleres e á responsabilidade compartida de combatelas.
A programación deste ano aposta pola creación artística, a expresión performativa e a participación da comunidade escolar e da cidadanía.
Este venres 21 celébrase o acto “Tui coas mulleres de Gaza” ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela, coa actuación da cantante galego-palestina Najla Shami e cunha lectura colectiva. Este acto forma parte da programación organizada polo Concello de Tui baixo o lema “O noso corpo campo de batalla” con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller, alzando a voz contra o ataque aos dereitos humanos que está a acontecer en Gaza.
Este mércores, 19 de novembro, ábrese en Tui a programación do 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, organizada polo Concello de Tui co lema “O noso corpo, campo de batalla”. O primeiro acto será a presentación do libro “As trampas da pornografía”, de Chis Oliveira, Amada Traba e Priscila Retamozo ás 19 h no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela.
Co rotundo lema “O noso corpo, campo de batalla” o Concello de Tui alza a voz contra as violencias machistas e reivindica os dereitos da mulleres. Vaino facer cun amplo programa de actividade que abranguerá diversos ámbitos dende a educación, a cultura, o deporte, a formación, o pensamento, a comunicación, e a acción social e política. O lema escollido, “O noso corpo, campo de batalla”, inspírase na obra de Barbara Kruger Your Body Is a Battleground, símbolo da loita polos dereitos das mulleres.
O Concello de Tui vai desenvolver entre o 19 e o 27 de novembro distintas actividades co gallo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Este ano faino baixo o lema “O noso corpo, campo de batalla”.
O programa previsto é o seguinte: