Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Este “Espazo para a Igualdade” nace co obxectivo de achegar información e recursos actualizados permanentemente en materia de igualdade e feminismo.

Deste xeito dase cumprimento á medida 1.4 do III Plan Municipal de Igualdade que recolle “difundir os programas, servizos e recursos municipais sobre  información, asesoramento e asistencia a mulleres”.

Campaña 25N | “Non máis violencia por ser muller”

“Non máis violencia por ser muller” é o lema da campaña posta en marcha polo Concello de Tui, a través da concellería de Igualdade, con motivo 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller.  Dende o xoves 23 até o xoves 30 desenvolveranse distintas actividades coma o acto institucional, a acción escénica “A última cea”, o espectáculo “Ser Feminista”, o contacontos “A Selva dos Boboras”, un encontro coa xornalista, escritora e activista feminina María Xosé Porteiro, e unha mesa redonda titulada “Sexualidade, pornografía e violencia de xénero na adolescencia”.

Unha véntena de persoas participaron esta fin de semana en Tui nun Encontro de Autocoidado Profesional

Undefined

O patrimonio natural e patrimonial, xunto aos servizos dispoñibles na cidade fixeron que Tui fose o lugar elixido para celebrar o II Encontro de Autocoidado Profesional organizado pola entidade de aprendizaxe vivencial e xestión emocional Creando Educación Social.

Raquel Montero e Lucía Fernández, de Creando Educación Social, puxeron en marcha esta iniciativa o ano pasado co obxectivo de crear espazos de encontro e autocoidado nos que profesionais do ámbito social coiden da súa saúde emocional, creando, ao tempo, unha rede de apoio sólida e que perdure no tempo.

Un neno e unha nena saharauí pasan o verán en Tui

Undefined

Yahida Mahmud Jatri  e Yusef Abderrahman Sluj  son a nena e o neno saharauí que pasarán o verán en Tui, no seo de dúas familias acolledoras, dentro do programa Vacacións en Paz que promove Solidariedade Galega co Pobo Saharauí. 

Tras chegar o pasado día 17 a Galicia hoxe foron recibidos na casa do concello de Tui polo alcalde, Enrique Cabaleiro, e membros do equipo de goberno, que os agasallaron con distintos xogos. 

Margarida Mariño e Laura Iturralde poñen en escena mañá xoves en Tui “As voces da Conciencia”

Undefined

A praza norte da Catedral de Tui será mañá  o escenario de “As voces da conciencia” con Margarida Mariño e Laura Iturralde” e dentro do programa “Mulleres en acción. Violencia Zero” da Deputación de Pontevedra.  

“As voces da conciencia” ‘é unha peza multidisciplinar na que as protagonistas son as voces de distintas mulleres  que narran en primeira persoa cómo a violencia machista afectou ás súas vidas, en calquera das  súas moitas formas, conseguindo crear un ambiente incómodo que convida á autoreflexión como  sociedade. 

Mañá venres remata a primeira quenda do campamento de verán Igual É +

Undefined

A primeira quenda do campamento de verán Igual É +, 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade, remata mañá venres día 14.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Igualdade, Ana María Núñez, compartiron hoxe uns minutos cos nenos e nenas interesándose polas actividades que realizaron estes días e entregándolles unhas camisetas de agasallo.

Máis de 500 nenos e nenas participan este ano no Campamento de Verán Igual É + 2023

Undefined

Un total de 560 nenos e nenas, con idades entre os 3 e os 12 anos, participarán no Campamento de Verán Igual É + 2023 organizado polo Concello de Tui a través das concellerías de Deportes e Igualdade. O obxectivo é facilitar a conciliación familiar durante a época estival ao tempo que brindar aos nenos e nenas unha actividade de lecer durante as vacacións. 

Publicada a listaxe de requirimentos do Campamento de Verán Igual É + Tui 2023

Undefined

A continuación pode consultarse a listaxe de requirimentos de emenda de documentación as solicitudes presentadas para o Campamento de Verán Igual É + Tui 2023.

Establécese un prazo de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos, de non facelo considerarase que se desiste na solicitude. 

Unha vez rematado este prazo publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluída. Cada participante terá ata o 23 de xuño para realizar o pago da cota de inscrición de cada quenda. 

Páxinas

Subscribirse a RSS - Igualdade