Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Presentada unha nova edición da “Aloiada”

13/06/2012

Na maña de onte, martes 12 de xuño, foi presentada na Casa do Concello de Tui unha nova edición da Aloiada, actvidade que promove os CEIP nº 1 e nº 2 de Tui para os seus alumnos de 6º curso de Primaria e na que colabora o Concello de Tui, a través das concellerías de Educación e Deportes. No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde Tui, Moisés Rodríguez Pérez, a Concelleira de Educación, Vanesa Rodríguez Pérez, o Concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo Montes, e os responsables desta iniciativa Beatriz González e Maria del Carmen Seves, do CEIP nº 2 e Alberto López, do CEIP nº 1.

 

Na presentación os participantes destacaron o feito de chegar a sexta edición desta Aloiada, que agradan que coa colaboración do Concello de Tui, nun futuro poida abrirse á participación doutros centros educativos do noso municipio.  Esta previsto que nesta nova edición participen 100 alumnos dos dous centros educativos tudenses, que participaran nestas xornadas de caracter lúdico, cultural e deportivo, pero sobre todo son unhas xornadas de convivencia entre o alumnado creando un clima de unión e amistade entre todos os participantes.

 

Aínda que inicialmente estaba previsto que se celebrase esta nova edición da Aloiada os días 14 e 15 de xuño por mor das previsións meteorolóxicas foi acordada a súa celebración na vindeira semana, en concreto os días 18 e 19 de xuño. Na primeira xornada ps alumnos participaran en actividades de iniciación ao rappel, escalada e orientación na serra do Galiñeiro, asi como un achegamento aos primeiros auxilios. Na segunda xornada estará dedicada, pola mañá, ao sendeirismo e, pola tarde, a actividades de remo e piragüismo.

 

Os organizadores agradecen a colaboración de diversos establecementos comerciais da nosa cidade así como doutras entidades como o Club de Montañismo “Niño do Corvo”, Club Kayak Tudense, Club Remo Tui ou Verdeazul.