Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O domingo Concerto de “Xoves directores da banda de música de Tui” no Paseo da Corredoira

23/11/2012

17 alumnos do Conservatorio dirixiran esta agrupación

 

O vindeiro domingo, 25 de novembro, o céntrico Paseo da Corredoira de Tui será o escenario dunha novidosa iniciativa denominada “Xoves directores da Banda de Música” na que un total de 17 alumnos do Conservatorio Municipal de Música, no grao profesional, dirixiran unha peza musical con esta agrupación.

 

Este concerto terá lugar a partires das 16,30 horas no Paseo da Corredoira tudense organizado pola Banda de Música de Tui e está patrocinado por diversos establecementos comerciais e industriais do noso concello que se sumaron a esta iniciativa e conta coa colaboración do Concello de Tui.

 

Este concerto posibilitará coñecer como no Conservatorio Municipal tudense se desenvolve unha ampla formación musical que posibilita que os mozos e mozas que asisten as súas clases vaian adquirindo as habilidades precisas para dirixir, como farán o vindeiro, domingo unha agrupación musical como é a Banda de Música tudense.