Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Nota informativa sobre o mercado dos xoves

1/07/2020

Comunícase que tras a apertura do mercadillo no novo emprazamento o pasado día 18/06/2020, os vendedores ambulantes que, tendo a súa licenza renovada para exercer a súa actividade no ano 2020, NON OCUPEN os seus postos sen razón acreditativa xustificada, por parte deste Concello iniciarase expediente de revogación nos termos do artigo 9 do Regulamento de venda ambulante do Concello de Tui (BOPPO 124 do 1 de xullo de 2013): “ ARTIGO 9 1.—Para o exercicio da venda ambulante será requisito previo estar provisto da correspondente autorización municipal, que poderá revogarse polo Concello polo incumprimento dos requisitos esixidos na ordenanza reguladora e nas normativas aplicables ó respecto. 2.—A autorización revogarase, sen indemnización nin compensación ningunha, nos seguintes casos: a)Venda de produtos non autorizados. b) Discusión ou altercado con outros vendedores ou consumidores, con perturbación da orde cidadá. c) Ofensas de palabra ou de obra ás persoas que leven a cabo as tarefas de inspección ou control. d) Transferencia ou transmisibilidade de autorización, agás nos casos excepcionais permitidos. e) Reincidencia na ocupación dunha superficie superior á asignada. f) Ocupación dun posto distinto ó asignado. g) A non ocupación do posto asignado durante un período de dous meses sen causa que o xustifique. h) Falta de pagamento dos tributos municipais correspondentes. i) Non manter limpo o espazo asignado.”