Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A Gala do Deporte Tudense recoñecerá aos mellores deportistas e colectivos deste ano 2012

23/11/2012

No noso concello máis de 4000 persoas participan no mundo do deporte

 

Mañá sábado terá lugar a “Gala do deporte tudense 2012” que se desenvolverá no Teatro Municipal a partir das 20,00 horas. Ao longo desta gala se entregaran os galardóns aos mellores deportistas tudenses deste ano 2012.

 

No municipio de Tui a practica do deporte nos diversos ámbitos implica máis de 2.000 persoas que como deportistas, adestradores ou directivos participan nos múltiples clubes e agrupacións que impulsan esta práctica deportiva.

 

Tamén arredor do 2.000 persoas participaron ao longo do ano 2012 nas diversas actividades que en materia deportiva promoveu o Concello tudense para a difusión do deporte e actividade física como unha útil ferramenta para o lecer pero tamén para unha vida máis saudable.

 

Esta Gala servirá para percorrer os principais acontecementos do ano deportivo que está rematando mediante a proxección de diversos vídeos elaborados para este evento, actuacións musicais e outras sorpresas integran o amplo programa desta Gala á que están convidados todos os deportivas e afeccionados.

 

Neste acto se entregarán os premios do deporte tudense 2012 para recoñecer aos mellores deportistas tudenses do presente ano, así como a diferentes entidades colaboradoras co deporte no noso concello, nas seguintes categorías:

 

1.      Mellor Deportista Feminina

2.      Mellor Deportista Masculino

3.      Mellor Deportista Promesa Feminina

4.      Mellor Deportista Promesa Masculino

5.      Mellor Club

6.      Mellor Club na Promoción do Deporte Base

7.      Mellor Adestrador

8.      Mellor Firma Comercial ou Entidade Colaboradora

9.      Mencións Especiais a outras Entidades