Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

705 peregrinos comezaron en Tui o Camiño de Santiago no mes de Maio

14/06/2012

E 2995 pregrinos fixeron o camiño portugués nese mes

Tui manten a súa condición dun dos primeiros lugares de inicio do camiño

 

Segundo os datos que ofrece a Oficina do Peregrino da Arquidiocese de Santiago de Compostela no pasado mes de maio comezaron en Tui o seu itinerario de peregrinación xacobea un total de 705 peregrinos que escolleron á nosa cidade como auténtica “porta do camiño portugués”.

 

Pero cómpre subliñar que pola nosa cidade pasaron ata 2.995 peregrinos que foron os que realizaron o camiño portugués e recibiron a “Compostela” acreditativa á súa chegada a Compostela, segundo informa a devandita Oficina do Peregrino. Destes case tres milleiros de peregrinos destaca que a maioría deles son de procedencia extrapeninsular, especialmente salientan polo seu número os orixinarios de Alemania, Francia e Italia.

 

Estes datos concordan coas estatísticas da Oficina Municipal de Turismo do pasado mes de maio, onde houbo 536 consultas realizadas por peregrinos que realizan o camiño portugués destacando o feito de que os peregrinos estranxeiros triplican aos nacionais: 435 fronte 141.

 

Para a concelleira de turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, asistimos neste ano a un incremento do número de peregrinos que visitan Tui no seu itinerario ao sartego apostólico, en case cincocentos peregrinos máis que no ano pasado. Estes datos confirman a consolidación do camiño portugués que historicamente  transcorre pola Eurocidade Valença – Tui como punto de entrada en Galicia. Fronte a outras pretendidas alternativas carentes dunha tradición histórica documentada o camiño portugués conforma un elemento patrimonial vivo e así é recoñecido polos numerosos peregrinos que escollen, cada ano en maior número, este roteiro xacobeo.