Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Aberto o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte Tudense 2019

26/11/2019

O xurado valorará os resultados acadados nesta temporada. A entrega de premios terá lugar no mes de febreiro.

O Concello de Tui vén de abrir o prazo de presentación de candidaturas para a Gala do Deporte Tudense 2019. A oitava edición deste evento terá lugar o venres, 28 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.

Este evento ten coma obxectivo recoñecer o traballo realizado polos distintos deportistas e clubs tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino  sub23, deportista masculino e feminino adaptado, deportista masculino e feminino veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.

Até o martes, 10 de decembro, pódense presentar as candidaturas enviando un correo electrónico a deportes@tui.gal, coa persoa, club, ou entidade proposta coa categoría correspondente, xunto ao currículo deportivo do ano 2019.

No transcurso da VIII Gala do Deporte Tudense, ao igual que nos últimos anos, realizaranse distintas homenaxes a persoas que marcaron un antes e un despois na historia deportiva do concello. Do mesmo xeito haberá un recoñecemento ás e aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do Mundo e de Europa neste ano 2019.