Visita á intervención arqueolóxica da praza do Pracer mañá martes
Cunha visita á intervención arqueolóxica realizada na Praza do Pracer, no centro do conxunto histórico de Tui, comeza mañá martes ás 20.30 h o ciclo “Coñece o noso patrimonio” organizado polo Instituto de Estudos Tudenses coa colaboración do Concello de Tui. A visita estará a cargo dos arqueólogos responsables desta escavación Soledad Prieto Robles e Juan José Perles Fontao.




