Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

O presidente de Turismo Porto e Norte de Portugal, Luís Pedro Martíns, intervirá o martes no Foro do Camiño Portugués

Undefined

O vindeiro martes, 22 de xuño, desenvolverase o terceiro relatorio do Foro do Camiño Portugués, creado polo Concello de Tui no mes de abril. Nesta ocasión contará coa intervención de Luís Pedro Martíns, presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal, entidade de promoción turística que agrupa ás administracións públicas e aos diversos axentes implicados no sector turístico do Norte de Portugal.

O Concello de Tui urxe aos propietarios de inmobles en ruínas no conxunto histórico a eliminar elementos de cuberta e fachadas que supoñan un risco e á eliminación de maleza

Undefined

O Concello de Tui ten remitido diversas ordes de execución a propietarios de inmobles en ruínas situados no conxunto histórico. O obxectivo é reducir a situación de risco que representan as edificacións abandonadas

Emisión en directo Foro do Camiño

Undefined

Hoxe martes, 25 de maio, ás 19 hterá lugar a segunda conferencia do Foro do Camiño Portugués organizado polo Concello de Tui. 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofrecerá a conferencia “O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador”. Será presentada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. 

No seguinte enlace poderase seguir en directo a conferencia. 

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, será a segunda conferenciante no Foro do Camiño Portugués, será a segunda conferenciante no Foro do Camiño Portugués

Undefined

“O Camiño Portugués, mellora da acollida e das infraestruturas e eixe vertebrador” é o título da conferencia que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, ofrecerá o próximo martes, 25 de maio, ás  19 h no “Foro do Camiño Portugués”.  Este é o segundo relatorio deste foro creado polo Concello de Tui, que comezou a súa actividade o pasado mes de abril con Juan Manuel López-Chaves.

Tui acolle a quinta parada do Museo en Camiño para difundir o “Espírito Xacobeo” no Camiño Portugués

Undefined

O próximo xoves, 13 de maio, chega a Tui o quinto taller do Museo en Camiño, unha iniciativa que se está a desenvolver no marco do programa O Teu Xacobeo da Xunta, e que conta cunha achega de 11.500 euros da administración autonómica.

Esta actividade desenvolverase no Edificio “Francisco Sánchez” (antiga Área Panorámica) de 17 a 18:30h e terá como finalidade que nenos e nenas de 6 a 12 anos coñezan os valores da ruta xacobea así como o patrimonio atesourado no Museo Provincial de Pontevedra.

Os propietarios de inmobles no conxunto histórico interesados no programa Rexurbe convocados a unha reunión informativa

Undefined

O conxunto histórico de Tui é un dos tres beneficiarios, xunto aos da Coruña e Ribadavia, do Programa Rexurbe do IGVS da Xunta de Galicia. O programa consiste na compra por parte do IGVS de solares, vivendas, edificios ou ruínas ubicadas no ámbito do Conxunto Histórico de Tui para proceder á súa rehabilitación co obxecto de destinalos a vivenda social en venda ou aluguer.

Os propietarios interesados poden presentar até o 9 de xullo a documentación coa súa oferta de solar ou inmoble para ser adquirido polo IGVS.

A Red de Juderías promove o programa educativo “Benjamín de Sefarad” para o alumnado de 6º de Primaria e 1º da ESO

Undefined

A Rede de Juderías promove, un ano máis, o Programa Educativo “Benjamín de Sefarad” para dar a coñecer entre os e as estudantes o legado xudeu das cidades que forman parte da Rede de Juderías de España. Esta actividade vai dirixida ao alumnado de 6º de Primaria e de 1º da ESO de toda España convite de converterse en “Descubridores de Sefarad” dun modo ameno e moi divertido. Tamén se lles convida a participar na terceira edición do Concurso de Micro-relatos da Red.

Páginas

Suscribirse a RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico