A visita “De convento de San Antonio a parroquia do Sagrario da Catedral” pecha o ciclo Coñece o noso patrimonio
“De convento de San Antonio a parroquia do Sagrario da Catedral” é o título da derradeira visita programada no ciclo “Coñece o noso patrimonio”, organizado polo Instituto de Estudios Tudense coa colaboración do Concello de Tui. Esta programación, que comezou no mes de xullo, está a contar cunha gran asistencia.




