Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O conxunto histórico tudense, o segundo en importancia e tamaño de Galicia, é o máximo expoñente do patrimonio tudense. As rúas vellas de Tui gardan auténticos tesouros mais aló das impoñentes construcións ou das pequenas vivendas que se agrupan nel. Escudos, brasóns, inscricións fan do conxunto histórico de Tui, declarado Ben de Interese Cultural, un lugar para coñecer, aprender e descubrir. Pero outros moitos puntos do centro urbano e das parroquias atesouran outros elementos destacados moitos deles vinculados á cultura popular e do patrimonio relixioso.

Tui presentou esta mañá o proxecto de reforma da praza de Frómista no marco da ARI

Undefined

Na mañá de hoxe presentouse no Concello de Tui o proxecto de reforma da Praza de Frómista, dentro do Plan Estatal 2013-2016 da ARI, Área de Rehabilitación Integral. A presentación correu a cargo do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Patrimonio e Cultura, Eduardo Freiría, e os arquitectos da empresa encargada do proxecto, Dobledé Arquitectos, Antonio de Ozámiz e Jose Manuel de Marcos.  

Incorpórase unha nova técnica de Administración Xeral ao departamento de Urbanismo

Undefined

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, xunto ás concelleiras de Urbanismo, Mª Jesús da Silva, e  Persoal, Mila González e ao concelleiro de Patrimonio, Eduardo Freiría, deron hoxe a benvida á nova Técnica de Administración Xeral do Departamento de Urbanismo, Miriam Piñeiro Rodríguez.

A nova técnica substitúe á técnica de Urbanismo que arestora está de baixa laboral. O horario de atención ao público será os mércores de 9 a 14h.

O telón do Teatro Principal será exposto durante as festas de San Telmo

Undefined

O telón do Teatro Principal será exposto no mes de abril durante as festas de San Telmo tras realizar unha limpeza e análise do mesmo.

A pasada semana levouse a cabo o exame organoléptico para avaliar o estado de conservación da cortina de boca do Teatro Principal. Segundo a especialista en conservación, a peza a pesar do seu manifesto deterioro, presentaba a nivel de soporte a suficiente resistencia para ser exhibido.

Tui coñecerá o 27 de marzo se forma parte da Red de Juderías de España

Undefined

O Comité de Admisións de Red de Juderías de España visita hoxe Tui dentro do proceso avaliador da cidade para formar parte desta rede, unha vez é xa finalista no proceso de admisión que está aberto.  Están en Tui a presidenta e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle, a xerente, Marta Puig, xunto a representantes dos concellos de Monforte, e Ávila.

Ás 12.30h recepción á delegación da Red de Juderías de España que hoxe visita Tui

Undefined

Ás 12.30 h na sala de reunións do Concello de Tui terá lugar a recepción á delegación da Red de Juderías de España que visita hoxe Tui para coñecer in situ o patrimonio xudeu da cidade, dentro do proceso de admisión da candidatura tudense para formar parte desta rede.

O Concello de Tui solicita a inclusión dunha partida de 100 mil euros nos Presupuestos Generales para financiar un concurso para a redacción do proxecto de rehabilitación do Teatro Principal

Undefined

O Concello de Tui tense dirixido aos grupos parlamentario de PP, PSOE, PODEMOS (En Marea) e Ciudadanos solicitando que apoien a inclusión nos Presupuestos Generales del Estado dunha partida de 100.000€  que permita financiar un concurso para a redacción do proxecto de execución da reconstrución do Teatro Principal de Tui.

Concluíron as obras de rehabilitación do Palco da Música do Paseo da Corredoira

Undefined

Tras tres meses de traballo concluíron as obras de rehabilitación do Palco da Música que supuxeron unha actuación integral en todos os elementos, e que devolveu a este elemento patrimonial a súa cor branca orixinal do século XIX. Este domingo, 16 de decembro, coma inauguración haberá ás 19h, un concerto a cargo do trompetista Manuel Madarnás acompañado por outros instrumentistas.

Dous camelios e un cactus existentes nas propiedades afectadas pola apertura da rúa Ourense foron plantados nos xardíns de Troncoso

Undefined

Onte procedeuse á retirada de dous camelios de grandes dimensións e lonxevidade, un deles centenario, ademais dun cactus sudamericano, das propiedades lindeiras á rúa Ourense que están a ser demolidas para a apertura da rúa que conectará con Colón, Augusto González Besada e Martínez Padín,

Estes dous camelios e o cactus sudamericado foron plantados nos xardíns de Troncoso, conservando así estes dous exemplares nun novo emprazamento nunha actuación promovida pola concellería de Patrimonio e Medio Ambiente que permite ampliar o patrimonio botánico municipal.

Páginas

Suscribirse a RSS - Patrimonio e Conxunto Histórico