O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participan na Feira Expogalaecia 2011 cun stand sobre a Eurocidade
O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participarán dende este sábado, 29 de outubro, ata o martes, 1 de novembro, en “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” cun amplo programa de actividades nun stand institucional que leva o nome de “Eurocidade Tui – Valença”.








