Comezan as andainas da Eurocidade Tui-Valença cun percorrido entre viñas e vales
A Eurocidade Valença-Tui comeza o seu programa de andainas saudables de 2025 cun percorrido entre viñas e vales
A primeira cita deste ciclo será o próximo domingo, 11 de maio, co Trilho Entre Viñas e Vales. Sairá ás 10 h ES da igrexa de Ganfei en Valença para realizar un percorrido de 7 quilómetros.
Este ciclo de andainas, que forma parte do calendario deportivo da Eurocidade, consolídase como unha proposta transfronteiriza que combina actividade física, posta en valor do patrimonio natural e histórico tanto de Tui coma de Valença.