Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O deporte é un dos grandes valores que Tui posúe. O municipio conta con máis de 40 clubs deportivos pertencentes a máis dunha véntena de modalidades deportivas.

Dende os populares fútbol, baloncesto ou balonmán, pasando por tenis, atletismo, judo ou patinaxe, por nomear só algúns, xa que a lista completa sería longa en exceso. Pero si en algo brilla Tui no eido deportivo é sen lugar a dúbidas nos deportes de río: piragüismo e remo. A cidade conta con deportistas olímpicos, campións do Mundo, de Europa e de España en distintas modalidades que conforman un longo inventario de deportistas dos clubs locais que chegaron ao máis alto. Algo inusual e practicamente único que fai de Tui un exemplo a seguir na promoción do deporte tanto de elite coma de base.

O Campionato Galego de Patinaxe de Grupos Show Júnior e Cuartetos disputarase este sábado en Tui

Undefined

O Campionato Galego de Grupos Show Júnior e Cuartetos, celebrarase este sábado, 16 de febreiro, no novo pavillón deportivo municipal de Tui. Comezará ás 17.30 horas organizado polo CPA Ribex de Tui, en colaboración coa Federación Galega de Patinaxe e o Concello de Tui.

A Eurocidade Tui-Valença presenta un calendario deportivo único con 17 modalidades deportivas

Undefined

Un total de 25 actividades de 17 modalidades deportivas na que participan 21 clubs e dúas empresas conforman o calendario de actividades deportivas de 2019 que esta fin de semana comeza na Eurocidade Tui-Valença e que se vai prolongar até o mes de decembro.

A Regata Miño Internacional bate récord de participación na súa edición de 2019

Undefined

Mañá sábado celébrase a XXXIX Regata Miño Internacional – Copa Presidenta da Deputación, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo. Constará dunha distancia de 6 mil metros entre Currás, Tomiño, e Tui (fronte á rúa Olímpicos Tudenses). A proba baterá este ano record de participación con 271 remeiros e remeiras de 19 clubs galegos e portugueses e 44 embarcacións Catro Scull e Oito.

Mañá presentación da XXXIX Regata Miño Internacional

Undefined

Mañá venres, 25 de xaneiro, ás 11.00 horas, no salón de plenos do concello de Tui, terá lugar a presentación da XXXIX Regata Miño Internacional, que se celebrará no río Miño, este sábado 26 de xaneiro, organizada polo Club Remo do Miño, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Remo.

Na mesma, estarán presentes o alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes, Eduardo Freiría, o presidente do Club Remo do Miño, José Luís Méndez e os vicepresidentes do club, José Prada e Manuel Ángel González.

O V Open de Andainas 25 Kms rematará o 11 de novembro en Tui

Undefined

Tui será sede da última proba do V Open de Andainas 25 quilómetros, organizado polo Club Xistra de Vigo, en colaboración co Concello de Tui e a Entidade Menor de Pazos de Reis.

O domingo, 11 de novembro, ás 09.00 horas, dende o pavillón deportivo da Macoca, sairá esta cuarta e última proba, que resolverá os campións deste V Open de Andainas de Regularidade de 25 Kms, tras as realizadas en Guláns, Taragoña (Barbanza) e Ponteareas.

Este mércores presentase o III Rallie Eurocidade

Undefined

Este mércores 10 de outubro, ás 12.00 horas españolas, no edificio da Cámara Municipal de Valença, terá lugar a presentación do III Rallie Eurocidade, do calendario deportivo da Eurocidade Tui-Valença e da Federación Portuguesa de Automobilismo, organizada pola escudaría Parallel Velocity Club, en colaboración coa Escudaría Doña Urraca, que se celebrará os días 12 e 13 de outubro.

A I Carreira Internacional de Orientación Eurocidade se celebrará o domingo 14 de outubro

Undefined

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VII Liga Aromon Chema Sport, organizará a I Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade, que se celebrará este domingo 14 de outubro.

Esta evento contará con dúas probas, unha de mañá en Valença, con inicio a partir das 10.00 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, a partir das 16.00 horas, polo conxunto histórico de Tui. Os interesados teñen a posibilidade de participar nas dúas probas.

O próximo sábado 6 de outubro se celebrará a Andaina da Pedra Santa

Undefined

O próximo sábado, 6 de outubro, a partir das 09.00h (hora española), dende o aparcamento dos centros de remo e piragüismo de Tui, terá lugar a saída da última andaina do calendario de andainas saudables da Eurocidade. Será a  Andaina da Pedra Santa, cun percorrido aproximado de 9,5 quilómetros, de dificultade baixa e unha duración aproximada de tres horas, onde se falará da ponte romana do río Louro, dos muíños do Rendo e da lenda da Pedra Santa.

Páginas

Suscribirse a RSS - Deportes