Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Enrique Cabaleiro González foi investido alcalde de Tui o sábado, 17 de xuño de 2023.

Casa do Concello. Praza do Concello 1. 36.700 Tui

986 60 36 43 | contacto.alcaldia@tui.gal

Comparecencia do alcalde de Tui e do presidente da Cámara de Valença o venres

Undefined

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lópes, comparecerán este venres, 29 de maio, ás 11 hora española, no medio da vella Ponte Internacional. 

Nesta comparecencia os mandatarios da Eurocidade farán pública a súa posición dando a coñecer as razóns polas que van reclamar a apertura da fronteira de xeito inmediato para os habitantes da Eurocidade Valença-Tui.
 

Exposición do Censo Electoral até o luns 1

Undefined

Dende o día 25 de maio ata o 1 de xuño, ambos os dous incluídos, os electores poderán consultar os seus datos de inscrición no censo electoral que estará vixente nas eleccións ao Parlamento de Galicia que se van celebrar o 12 de xullo.. A consulta realizarase por medios informáticos, previa identificación do interesado. O teléfono de consulta é o 986 60 36 25 en horario de 9:00h a 14:00 h.

Minuto de silencio mañá ás 12 h en memoria dos falecidos pola COVID-19

Undefined

Mañá xoves, 28 de maio, ás 12 h, gardarase un minuto de silencio, na praza do Concello, en memoria dos falecidos a causa da pandemia ocasionada pola COVID-19.

Deste xeito o Concello de Tui súmase á proposta do goberno que no Consello de Ministros deste martes, 26 de maio, aprobou a convocatoria de dez días de loito oficial – até o 6 de xuño - polos falecidos a causa da pandemia ocasionada pola COVID-19.

Mañá xoves a corporación municipal de Tui celebra pleno ordinario a porta pechada

Undefined

A corporación municipal de Tui celebrará mañá xoves, 28 de maio, ás 20 h pleno de carácter ordinario.

Con carácter excepcional, a sesión plenaria celebrarase a porta pechada para o público, sendo retransmitida en directo a través da radio municipal. Realizarase unha nova distribución dos concelleiros para garantir a separación entre eles, e terá ao seu diposr máscaras e luvas.

A instalación de terrazas na vía pública precisa de licenza municipal

Undefined

A instalación de mesas e cadeiras cunha terraza na vía publica está suxeita a licenza municipal. Así o lembra o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, nun bando emitido nos últimos días, onde se indica que así o recolle o artigo 42 da lei 9/2013 de emprendemento e competitividade de Galicia modificada pola lei 10/2017 de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia.

O prazo para solicitar as axudas da ARI no Conxunto Histórico vaise ampliar

Undefined

O Concello de Tui vai ampliar o prazo para solicitar as axudas da ARI, Área de Rehabilitación Integral do Conxunto Histórico, que rematou inicialmente este martes, 19 de maio. Tendo en conta a declaración do estado de alarma dende o Concello decidiuse ampliar este prazo, un proceso que está agora en tramitación administrativa, co obxectivo de que poida ser maior o número de persoas propietarias de inmobles nesta zona da cidade as que se poidan beneficiar destas axudas.

O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes

Undefined

O cárcere vello converterase nun centro de acollida de peregrinos e visitantes. A empresa Trivium estratexias en cultura e turismo S.L., adxudicataria do concurso de “Redacción do proxecto de acondicionamento do local e montaxe do Centro Cárcere Vello para a acollida aos visitantes do conxunto histórico de Tui e aos peregrinos do Camiño de Santiago” presentou hoxe no concello proxecto.

O Consorcio de Augas do Louro reabre as oficinas de atención presencial ao público

Undefined

Dende o vindeiro luns, 25 de Maio, volverán a estar abertas as oficinas de atención ao público en cada un dos catro concellos do Consorcio do Louro: Tui, O Porriño, Salceda de Caselas e Mos.

Terán un aforo limitado a unha persoa no interior da oficina e porán a disposición da persoa usuaria xel hidroalcohólico para a desinfección das mans, lembrando amais a obrigatoriedade do uso da máscara para o acceso.

Páginas

Suscribirse a RSS - Alcaldía