O Consorcio do Louro redacta o proxecto para repartar o afundimento rexistrado na estrada na Veiga do Louro en Tui
O Consorcio de Augas do Louro ten adxudicado á empresa Galaicontrol SL os traballos de redacción do proxecto de reparación do afundimento dun treito do Colector Interceptor Xeral de Tui e na estrada de acceso á depuradora de Guillarei, situados no entorno da Ponte Romana.