Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Servizo de Atención Temperá do Baixo Miño

A publicación do Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de Atención Temperá, significou un punto de inflexión na consideración da Atención Temperá. Dende o 15 de setembro a Mancomunidade do Baixo Miño, conta cun servizo de atención temperá nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.

Que é a Atención Temperá?

Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

A quen se dirixe a Atención Temperá?

Aos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.

Quen pode informar dunha sospeita de trastorno de desenvolvemento nun neno?

As propias familias, as escolas infantís, os servizos sociais comunitarios ou outras instancias que traten co menor e coa familia. No caso de que a sospeita sexa fora da familia, debe informarse á mesma para que acudan ao servizo de pediatría.

A onde debo dirixirme para obter mais información?

  • Ao servizo de pediatría que derivará, no caso de que o considere, á Unidade de AT.
  • Aos servizos sociais dos concellos de Tomiño, Tui, A Guarda ou O Rosal
  • Aos servizos de orientación dos centros educativos nos que esté matriculado o neno ou nena.
  • Ao servizo de atención temperá da Mancomunidade do Baixo Miño, chamando ao teléfono 886 15 61 72 ou a través do correo electrónico atenciontempranamibm@cogami.gal.
     

Folleto Informativo SAT

Áreas: 
Servizos Sociais