Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Xornada de Portas Abertas mañá venres na RMT co gallo do seu XV Aniversario

12/06/2008

Xornada de Portas Abertas na RMT co gallo do seu XV Aniversario

Será mañá venres de 9 a 14 e de 16 a 20h

Continuando cos actos de celebración do seu XV Aniversario a Radio Municipal de Tui celebrará mañá venres unha Xornada de Portas Abertas, co obxectivo de que todo aquel que o desexe poida coñecer as súas instalacións. De 9 a 14h pola mañá e de 16 a 20h pola tarde o público en xeral poderase achegar até a RMT no primeiro andar da Área Panorámica, con entrada pola parte posterior do edificio.

Esta xornada de portas aberta é tamén extensible aos centros educativos. Polo momento confirmaron xa a súa asistencia o CEIP nº2 , que realizou hoxe xa unha visita e continuará mañá con tres grupos de 5º de primaria, e o Colexio Rural Agrupado, que acudirá o luns coa aula de Ponte Internacional. Os centros que desexen visitar as instalacións están aínda a tempo de fixar unha hora no teléfono 986.60.37.47.