Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Vendidas máis do 60 % das entradas para o “O Conto de Nadal” para as dúas funcións da fin de semana

17/12/2019

Hoxe ás 20 h poranse á venda as localidades restantes e se reservan 50 entradas para a función do sábado e 50 para a do domingo para á venda no despacho de billetes

En apenas unhas horas onte vendéronse máis do 60% das localidades posta á venda para o espectáculo “Conto de Nadal” que este sábado e o domingo  chegará ao Teatro Municipal de Tui. Foi tanta a demanda que por momentos colapsou o sistema de venda de entradas por internet.

Ao longo desta mañá estase a realizar a comprobación manual das localidade vendidas, eliminando aquelas que se bloquearon sen completar o proceso de compra, e as butacas dispoñibles poranse á venda ás 20 h en www.culturatui.info. Mañá á mañá realizarase unha nova comprobación, e no caso de quedar entradas dispoñibles volverán pórse á venda á 12 h, este sistema repetirase e de quedar localidades libres volverán saír á venda mañá ás 20 h.  Resérvanse amais 50 entradas, tanto para a función do sábado como para a do domingo, que se porán á venda no despacho de billetes, o propio día do espectáculo hora e media antes do comezo.