Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Unha nova traballadora social e unha auxiliar administrativa incorpóranse ao departamento de Servizos Sociais

27/03/2019

Dúas novas traballadoras véñense de incorporar ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Tui. O alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Muradás, deron hoxe á benvida á nova traballadora Social, Luz Mª Vázquez Macías, e á nova auxiliar administrativa, Mª Jesús Lorenzo.

Deste xeito refórzase o departamento de Servizos Sociais Comunitarios que pasa a contar con dúas traballadoras social, unha técnica de prevención das drogodependencias e conductas aditivas e unha educadora familiar.