Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Tui súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA iluminando de verde a casa do concello

19/06/2020

O Concello de Tui súmase a conmemoración do Día Mundial da Ela que ten lugar este domingo, 21 de xuño. Farao iluminando de verde a casa do concello na noite do sábado ao domingo, respondendo así á solicitude feita dende a Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica, AGAELA.

Coa iniciativa #LuzporlaELA buscan darlle visibilidade nos concellos españois a esta enfermidade e á situación á que se enfrontan os enfermos e a súas familias tras o diagnóstico.  Coa iluminación de edificios emblemáticos nos distintos municipios, no caso de Tui coa casa do concello, amósase o apoio e solidariedade coas persoas afectadas pola ELA, deixando constancia de que a “A ELA existe”.