Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui celebra mañá o acto institucional contra a violencia de xénero

24/11/2021

Será ás 18 h coa lectura do manifesto e gardarase un minuto de silencio

Mañá xoves, 25 de novembro, celebrarase o acto institucional, aberto á cidadanía, contra a violencia de xénero organizado polo concello de Tui con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Comezará ás 18 h na praza do Concello.

Abrirán o acto Laura Ramírez e Lucía Ramírez, alumnas da Escola Municipal de Música de Tui, acompañas ao piano polo profesor Jacobo González.  A continuación tomará a palabra o alcalde, Enrique Cabaleiro, e a voceira e os voceiros dos grupos políticos municipais PSOE, PP, C’s, BNG, C21 e En Marea, darán lectura ao manifesto institucional compartido por toda a corporación como mostra do compromiso, consenso e unidade institucional contra todas as formas de violencias machistas.  No acto gardarase un minuto de silencio en memoria das vítimas de violencia de xénero.

Dende esta noite e até o próximo luns a casa do concello iluminarase de morado.