Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Sara Tui, Gustavo Rodríguez e Rodrigo Conde galardoados co Premio Deporte Tudense de 2019

29/02/2020

A atleta Uxía Pérez Bugarín e  o padeeiro Daniel Pérez Cortegoso foron distintos na categoría sub 23. O xogador de balonmán Pablo Gándara, o ciclista David Fernández e o equipo de 4x do Remo do Miño recibiron o premio na categoría promesa.

O xogador de balonmán Pablo Gándara, o ciclista David Fernández e o equipo de 4x do Remo do Miño recibiron o premio na categoría promesa

O deporte tudense viviu onte á noite a súa festa na celebración da VIII Gala do Deporte Tudense, na que o Concello de Tui quixo recoñecer os éxitos deportivos acadados ao longo da pasada temporada.

A futbolista Sara Tui foi galardoada co premio Deporte Tudense na categoría feminina. Un galardón que recolleu a súa nai Mª del Mar Rodríguez.  Sara Tui proclamouse o ano pasado campioa do Mundo de Fútbol Praia coa Selección Española e campioa de Europa de Fútbol Praia a nivel club.

Na categoría masculina os premiados foron o triatleta Gustavo Rodríguez e o remeiro Rodrigo Conde.  Aida Valiño, a parella de Gustavo recolleu o premio no seu  nome, mentres que Luís Moroño, vicepresidente do Remo do Miño fíxoo por Rodrigo Conde. Gustavo Rodríguez proclamouse campión de España de Duatlón de Media Distancia, campión galego de Triatlón en Distancia Olímpica, e venceu no Bizkaia Triatlón e no Triatlón de la Rioja. Amais  coma guía de Héctor Catala proclamouse Campión do Mundo de Paratriatlón e campión de España de Paratriatlón, e lograron a clasificación para Tokio 2020. Pola súa parte Rodrigo Conde  proclamouse campión de España de Remo Olímpico, foi sexto no Dobre Scull peso lixeiro na Copa del Mundo de Plovdiv, 5º no Campionato de Europa de Lucerna, e 5º no Campionato do Mundo de Liz Ottensheim – Austria. Amais logrou a súa clasificación para Tokio 2020,

Os dous clubs de remo locais, o Remo Tui e o Remo do Miño recibiron conxuntamente o premio ao Club ou Entidade Deportiva. Carolina Figueroa, do Club de Patinaxe Artística Ribex, foi galardoada coa premio Deporte Tudense Adestrador/a. Entre os seus éxito destacan 19 probas de nivel superadas, segundas nos Campionatos Galegos Senior, primeiro posto na Copa de España Senior e primeiros na Copa Internacional entre outros.

O premio na categoría Deportista sub23 foi para a atleta Uxía Pérez Bugarín que se proclamou campioa galega nos 5 mil metros ao aire libre e foi 9º no campionato de España e 30ª no Europeo de Cross. Mentres na categoría masculina o premio correspondeu ao padeeiro Daniel Pérez Cortegoso, pola medalla de Ouro no Copa de España, a prata no Campionato de España en c1 junior, e pola súa participación no Campionato de Europa Senior e o décimo posto no Campionato do Mundo Junior e Sub23.

Lara Oliveira, María Arias, Martina Juncal e Ana González do Catro Scullo do Club Remo do Miño recibiron o premio Promesa Feminina polas medallas de ouro acadadas no Campionato de España, no Campionato Galego e na Copa Primavera. Na modalidade masculina o galardón foi para Pablo Gándara González, capitán do equipo cadete do Balomán Tui tras ser o máximo goleador na súa categoría e se convocado polas seleccións galega e de Pontevedra; e para David Fernández Pérez, por proclamarse campión galego junior de Enduro, ser terceiro no Campionato Galego XCO, e gañar a Copa Galega de Ciclocross entre outros éxitos.

En Veterano recoñeceu á padeeira Ana Varela e a remeira Mª Cristina González. Ana Varela logrou as medallas de ouro no  k1 e no k2 500 e 200 m no Campionato do Mundo do Sprint, en Szegued,  Hungría, e a medalla de prata no k2 200 mixto neste campionato. Mª Cristina González logrou a medalla de prata no Dobre Scull mixto no Campionato de España, medalla de bronce no Campionato de España absoluto de iolas, e medalla de bronce no Campionato Galego de Iolas.

Mentres na categoría masculina premio para o atleta Iván Pereira, pola súa participación no Campionato do Mundo de Ironman de Kona (Hawai) e o primeiro posto no Medio Ironman das Pontes e o cuarto posto no Medio Ironman de Salamanca; e para o Oito con temoneiro do Remo do Miño formado por Paulao Martíns, José Manuel Bermúdez, Juan Ramón Vilar, José Manuel Castiñeira, José Alfonso Comesaña, Camilo Abal, Baltasar Márquez, Carlos Juncal e Raquel Comesaña coma temoneira.  Lograron a medalla de prat no Campionato Galego e a de bronce no de España.

Carlos Estévez recibiu o Premio Deporte Adaptado polo primeiro posto no Campionato Galego Inclusivo de Slalom de Motonáutica adaptada.

O Judo Club Tudense recibiu o premio Promoción do Deporte Base polo labor que realizan con nenos e nenas rexistrando máis de 150 licencias o ano pasado e a organización do campionato Xógade.  A Mención Especial a outras entidades foi concedida á Cámara Municipal de Maia e ao club MaiaStars polo Torneo Internacional de Balonmán que organizan e no que dende 2007 participa o Club Balonmán Tui. O Premio Deporte Tudense Firma Comercial recaeu en Telmo Import polo seu apoio ao deporte local.

Os remeiros Manuel Andres Sabio e Manuel Ángel González recibiron un recoñecemento por ser os primeiros deportistas tudenses en acadar unha medalla nun Campionato de España. Foi a medalla de ouro en dobre scull cadete en 1979,

Recibiron un recoñecemento honorífico polo seu papel no inicio das artes marciais na cidade Mario Muzas (judo) e Eduardo Méndez (kung fu) e  no ciclismo Máximo Rosada,  Manuel Martínez e José Luís Colmenero, e Rocío Rosada coma pioneira do ciclismo feminino.

A título póstumo houbo unha lembranza polo seu papel no deporte tudense para José Antonio Corgo e José Luís González no remo, Eduardo del Valle no baloncesto, Miguel Freijeiro no  fútbol, e Antonio Bugarín en distintas modalidades coma a atletismo, balonmán, natación, piragüismo, xadrez, fútbol...

A gala comezou coa entrega dun recoñecemento aos 28 deportistas tudenses de atletismo, fútbol, judo, kaiak polo, piragüismo, remo e triatlón que en 2019 participaron en competicións internacionais.

Estiveron presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, o xefe provincial de Deportes da Xunta, Daniel Benavides, o deputado autonómico, Moisés Rodríguez, o deputado de Deportes, Gorka Gómez, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, membros da corporación municipal, e outras autoridades civís e militares.

A gala contou coa actuación musical de Fonogenia con Mónica de Nut.

Listaxe Premios Deporte Tudense

  • Premio Deporte Tudense Deportista Feminina: a futbolista Sara González Rodríguez “Sara Tui”
  • Premio Deporte Tudense Deportista Masculino: o triatleta Gustavo Rodríguez e o remeiro Rodrigo Conde
  • Premio Deporte Tudense Deportista Sub 23: a atleta Uxía Pérez Bugarín e o padeeiro Daniel Pérez Cortegoso
  • Premio Deporte Tudense Deportista Veterana Feminina: a padeeira Ana Varela Iglesias e a remeira Maria Cristina González Álvarez
  • Premio Deporte Tudense Deportista Veterano Masculino: triatleta Iván Pereira Iglesias e o equipo masculino do Oito Con Temoneiro do Club Remo do Miño formado por Paulao Martíns, José Manuel Bermúdez, Juan Ramón Vilar, José Manuel Castiñeira, José Alfonso Comesaña, Camilo Abal, Baltasar Márquez, Carlos Juncal e Raquel Comesaña coma temoneira
  • Premio Deporte Tudense Deportista Promesa Femenina: Equipo 4x infantil feminino formado por: Lara Oliveira Alonso, Maria Arias Rodriguez, Martina Juncal Cordo e Ana González Piña
  • Premio Deporte Tudense Deportista Promesa Masculino:  o xogador de balonmán Pablo Gándara González e o ciclista David Fernández Pérez
  • Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado: Carlos Estévez Gómez
  • Premio Deporte Tudense Club ou Entidade Deportiva:  Club Remo do Miño e Club Remo Tui
  • Premio Deporte Tudense Club ou Entidade na Promoción do Deporte Base: Judo Club Tudense
  • Premio Deporte Tudense Adestrador/a: a adestradora do Club de Patinaxe Ribex Carolina Figueroa Iglesias
  • Premio Deporte Tudense Firma Comercial:  Telmo Import
  • Mención Especial a outras Entidades: Cámara Municipal De Maia / Club Maia Stars – Torneo Internacional de Balonmán