Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Rematadas as obras de reforma das instalacións do Conservatorio cun investimento de 56.600 € ao abeiro do Plan Concellos 2017

5/12/2019

Saneouse e pintouse a fachada, renováronse os baños da primeira planta e substituíronse todas as persianas

Cun investimento de 56.686,19 € nos últimos días rematáronse as obras de Reforma das Instalacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia.  Estas obras executáronse con cargo ao Plan Concello 2017 da Deputación de Pontevedra.

Por unha banda actuouse nos baños da primeira planta do edificio cunha reforma integral coa colocación de pavimento de PVC, alicatado das paredes en azulexo mosaico e coa colocación de falsos teitos. Foron renovados todos os sanitarios e instaláronse cabinas en panel fenólico.

Por outra parte substituíronse todas as persianas existentes por unha novas en aluminio branco. 

As obras executadas contemplaron tamén o saneamento e pintado das fachadas do edificio, reparación do recercado das ventás metálicas, e instalación de canalóns e baixantes para a recollida de pluviais nas partes onde carecía destes elementos.