Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Preto de 70 establecementos conforman a listaxe do comercio local accesible en tui.gal

30/04/2020

A relación de establecementos actualízase diariamente. Os interesados poden enviar os seus datos a través do formulario habilitado na web municipal

Preto de 70 establecemento conforman xa a listaxe do comercio local accesible na web municipal e na que se da conta dos produtos ou servizos que ofrecen. A listaxe actualízase diariamente nos novos comercios que se inscriben a través do formulario accesible na propia web no apartado COVID19.

Os establecementos están agrupados por sectores así en alimentación recóllense carnicerías, peixarías, froiterías, conxelados, panaderías, pastelerías, supermercados e comida para levar. Asemade recóllense outros negocios de informática, telefonía, seguros, asesorías, talleres de automoción, publicidade, pinturas, roupa, agro. Tamén están na lista as farmacias locais.  Amais da consulta por sectores a listaxe pode consultarse ou descargarse en pdf.

En cada establecemento detállase os produtos ou servizos que ofrece, se está aberto ou pechado, o seu horario, se conta con servizo a domicilio, ou como realizar un pedido.

Con esta listaxe, dende o Concello de Tui a través da Concellería de Comercio, búscase apoiar ao comercio local e ao tempo brindar a poboación a información sobre os establecementos que están abertos ou que ofrecen o seus servizos nestes momentos.