Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Presentación da Estratexia de Turismo para o Xeodestino, Ría de Vigo Baixo Miño

12/03/2020

Hoxe xoves, 12 de marzo, ás 11.30 h a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural xunto cos concellos pertencentes ao Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, presentarán no Salón de Plenos da casa do concello de Tui a Estratexia de Turismo para o Xeodestino, Ría de Vigo Baixo Miño e o primeiro produto turístico que se ten deseñado en conxunto para os 14 concellos “Bienvenidos al primer reino medieval de Europa”. Tamén se dará informarán sobre as accións que dende o Xeodestino se realizarán neste 2020 para estruturar e impulsar o turismo dun xeito eficiente e conxunto nos 14 concellos.

Participarán no acto Enrique Cabaleiro, alcalde de Tui; Sandra González, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño;  Emiliano Lage, alcalde de Fornelos de Montes; Francisco Ferreira, alcalde de Gondomar; Antonio Lomba, alcalde da Guarda; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e representante institucional do Xeodestino; Cristina Correa, alcaldesa de Oia; Andrés Iglesias, alcalde de Pazos de Borbén; Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño; Ánxela Fernández, alcaldesa do Rosal; Agustín Reguera, alcalde de Soutomaior; Carlos Gómez, alcalde de Baiona; Juan González alcalde de Nigrán e Digna Rivas alcaldesa de Redondela. Tamén se contará coa presenza de Carmen Pita, Directora de Promoción de Turismo de Galicia.