Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A praza de Abastos realiza unha campaña de recollida solidaria de alimentos a favor de SOS Tomiño Baixo Miño

9/12/2020

A Praza de Abastos de Tui, en colaboración coa Concellería de Comercio e Mercado, realiza unha campaña solidaria de recollida de alimentos destinados a SOS Tomiño Baixo Miño. Na propia praza habilitouse un espazo para depositar estes produtos.

A recollida de alimentos non perecedoiros realizarase entre o 10 de decembro e o 10 de xaneiro. Voluntarios de SOS Tomiño Baixo Miño recollerán semanalmente os produtos entregados 

A iniciativa parte de Flores Rita e conta coa colaboración dos praceiros e praceiras do mercado Municipal de Tui.  

A campaña iníciase o 10 de decembro e desenvolverase ata o 10 de xaneiro con recollidas semanas por parte de SOS Tomiño. O punto de recollida está establecido no propio mercado municipal.

O obxectivo desta iniciativa é obter alimentos non perecedoiros que logo serán distribuídos por SOS Tomiño Baixo entre as familias ás que prestan axuda e están nunha  situación vulnerable. 

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez, expresa a súa gratitude “polas inmensas propostas solidarias que están a xurdir entre a sociedade” o que indica é “unha mostra da humanidade que sen dúbida precisamos nesta complicada situación para superar o que nos toca vivir”.