Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O vindeiro lúns 23 de xuño abre o prazo de inscrición para os Cursos de Verán 2008 cunha oferta de 10 actividades deportivas

20/06/2008

Este ano baixo o nome de CURSOS DE VERÁN 2008 o concello de Tui oferta un total de 10 actividades deportivas totalmente gratuítas: BALONCESTO, FÚTBOL, PATINAXE, PIRAGÜISMO, REMO, ACTIVIDADES ACUÁTICAS, NATACIÓN (NOVIDADE), BALONMÁN,.KUNG FU (NOVIDADE), ESQUÍ ACUÁTICO (NOVIDADE).

O próximo día 23 de xuño abrirase o prazo para inscribirse nestas actividades que se levarán a cabo ao longo do mes de agosto.

Para a reserva de praza e inscrición haberá que acudir as oficinas dos Servicios Sociais do Concello de Tui ou chamar ao teléfono 986.603625.

As idade mínima necesarias para poder participar nas actividades e de 7 anos.

Os rapaces e rapazas que teñan que desprazarse, dende as diferentes parroquias do concello para acudir as actividades, contarán cun autobús gratuíto.

HORARIO

(MES DE AGOSTO)

HORA

LÚNS

MÉRCORES

VENRES

LUGAR

11:00/12:00

FÚTBOL

PATINAXE

BALONCESTO

FÚTBOL

PATINAXE

BALONCESTO

FÚTBOL

PATINAXE

BALONCESTO

Pavillón novo

C.E.I.P. nº2

Pavillón vello

12:00/13:00

KUNG FU

NATACIÓN

BALONMÁN

KUNG FU

NATACIÓN

BALONMÁN

KUNG FU

NATACIÓN

BALONMÁN

DI-SOM

DI-SOM

Pavillón vello

11:00/13:00

Só 1 actividade

ACT. ACUÁTICAS

ESQUÍ ACUÁTICO

REMO

PIRAGÜISMO

ACT. ACUÁTICAS

ESQUÍ ACUÁTICO

REMO

PIRAGÜISMO

ACT. ACUÁTICAS

ESQUÍ ACUÁTICO

REMO

PIRAGÜISMO

Piscina municipal

C. Náutico S. Telmo

Club Remo

Club Piragüismo