Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O VII Torneo Eurocidade de Balonmán dispútase este sábado en Tui

14/08/2019

Ás 20.30h no novo pavillón municipal enfrontaranse o Acanor Atlético Novás e o ABC Braga

Este sábado, 17 de agosto, ás 20.30 horas españolas, celebrarase no novo pavillón deportivo municipal de Tui, o VII Torneo Eurocidade de Balonmán, organizado pola Eurocidade Tui-Valença, en colaboración co Club Balonmán Tui e a Federación Galega de Balonmán. No mesmo vanse enfrontar o Acanor Atlético Novás, de división de prata nacional, e o ABC Braga, da primeira nacional portuguesa.

Previo a este encontro, ás 18 horas, o equipo sénior do Club Balonmán Tui xogará contra o equipo B do Acanor At. Novás.

Por outra parte, o equipo portugués Alto da Maia - Águas Santas, militante tamén na primeira división portuguesa de balonmán, concentrarase en Tui este venres e sábado, con motivo da disputa dun partido amigable en Cangas, polo que adestrará dúas xornadas no novo pavillón deportivo de Tui xunto ao Club Balonmán Tui.