Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Paseo da Corredoira será peonil nas fins de semana de verán

1/07/2019

O tramo entre Rosa Bahamonde e os soportais pecharase ao tráfico o sábado ás 14 até o domingo ás 00h

O Paseo da Corredoira pecharase ao tráfico rodado e ao estacionamento durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto.  A medida comezará a aplicarse este sábado, 6 de xullo, e estará vixente até finais de agosto.  Deste xeito o sábado dende ás 14 h e até o domingo ás 00 h non se poderá estacionar nin circular no tramo do Paseo da Corredoira comprendido entre o cruzamento coa rúa Rosa Bahamonde e os soportais. 

Con esta medida de peonalización puntual búscase ampliar a área de paseo e lecer en pleno centro urbano, nunha zona moi frecuentada na época estival. 

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración cidadá retirando os coches aparcados nesta zona antes do sábado ás 14 h.