O Concello de Tui vai contratar a 15 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concello 2021
O Concello de Tui vai contratar a 15 persoas ao abeiro da liña 3 do Plan Concello 2021. A través desta subvención da Deputación contratarase a estes traballadores para postos destinados a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
O Concello de Tui contratará no próximo mes de marzo a un condutor oficial de segunda durante 9 meses e medio, a xornada completa, e a dous animadores turísticos cun contrato coa mesma duración e tamén a xornada completa. No mes de abril o Concello de Tui contratará a dous albaneis oficiais de segunda por 9 meses a xornada completa, un oficial cerraxeiro de segunda por 9 meses, tamén a xornada completa, e un oficial carpinteiro de segunda a xornada completa por 9 meses. Amáis no mes de abril tamén se contratará a 8 peóns de horticultura cun contrato por 8 meses de duración en modalidade de xornada parcial (30 horas a semana).
Os/as candidatos/as deben ser persoas empadroadas en Tui, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe como no da contratación.
Os perfís, xornada, a duración e as datas de inicio previstas para as 15 contratacións son as que indicamos a continuación:
Nº traballadores |
Ocupación |
Xornada |
Data prevista inicio/ duración |
Codigo ocupación |
1 |
Oficial 2ª condutor |
completa |
15/03/2021 (9,5 meses) |
84 321042 categoría 00 |
2 |
Oficiais 2ª albanel |
Completa |
01/04/2021 (9 meses) |
71211015 categoría 50 |
1 |
Oficial 2ª cerraxeiro |
Completa |
01/04/2021 (9 meses) |
73 121051 categoría 50 |
1 |
Oficial 2ª carpinteiro |
Completa |
01/04/2021 (9 meses) |
71 311049 categoría 50 |
8 |
Peón horticultura |
Parcial (30 horas semana) |
01/04/2021 (8 meses) |
95 121019 categoría 80 |
2 |
Animadores turísticos |
Completa |
15/03/2021 (9,5 meses) |
37 241016 categoría 00 |