Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participan na Feira Expogalaecia 2011 cun stand sobre a Eurocidade

28/10/2011

O Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença participarán dende este sábado, 29 de outubro, ata o martes, 1 de novembro, en “ExpoGalaecia 2011 Salón de Turismo, Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal” cun amplo programa de actividades nun stand institucional que leva o nome de “Eurocidade Tui – Valença”. Será a primeira oportunidade en que ambas cidades asistan conxuntamente a unha feira de turismo e os rexedores de ambas localidades afirman que comeza así unha positiva colaboración entre ambos municipios que entende que o traballo conxunto é o camiño de futuro para ambas cidades. Esta feira que acada a súa 14 edición terá lugar no Ifevi, Instituto Feiral de Vigo. Nesta feira de caracter internacional xunto a representacións da Península Ibérica haberá stands de Cuba ou Uruguai.

 

O programa de actividades prevista é o seguinte:

 

  • Sábado 29 de outubro ás 17,00 horas o Alcalde de Tui e o Presidente da Cámara Municipal de Valença realizarán un acto protocolario de apertura deste stand conxunto.
  • Domingo 30 de outubro, a partires das 18,00 horas degustación de productos típicos de Tui e Valença: caldo verde valenciano, peixiños de améndoa tudenses e a tortas do peregrino.
  • Luns 31 de outubro ás 16,00 horas presentación da oferta turística de ambas cidades coa presenza das concelleiras de turismo e cultura de Tui e do vereador de cultura e turismo de Valença, que estarán acompañados por grupos musicais da localidade.
  • Martes 1 de novembro, ás 16,00 horas presentación das empresas de turismo activo de Tui e Valença.

 

 
 

Nas xornadas do luns e martes amais haberá ás 19,00 horas sorteos de regalos entre os visitantes ao stand da Eurocidade Tui – Valença no que colaboran diversos establecementos turísticos de ambas localidades.

Para a concelleira de Turismo do Concello de Tui, Raquel Lorenzo Pimentel, a participación doa Eurocidade Tui – Valença nesta feira de turismo testemuña o importante compromiso que ambas cidades teñen na promoción turística conxunta pois a cooperación entre ambas é a ferramenta de maior utilidade e eficacia que ambos concellos posúen para dinamizar a súa proxección como lugares de visita e de acollida de turistas. Un patrimonio cultural complementario, unha paisaxe natural extraordinaria, una amplo abanos de servizos culturais e turístico, numerosos establecementos comerciais e turísticos de calidade... son algunhas das principais fortalezas da oferta turística de ambos municipios e que agora amosan neste stand na feira de turismo “Expogalaecia” 2011.