Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello de Tui apostará polo transporte sustentable co Plan de Mobilidade Sustentable que se presentará en outubro

13/05/2019

Para a redacción do Plan contarán coa participación cidadá a través de enquisas

Na mañá de hoxe tivo lugar a presentación do inicio do Plan de Mobilidade Sustentable (PMUS) para o Concello de Tui, adxudicado a empresa Eptisa por un importe de preto de 13.000 euros, financiados pola Deputación de Pontevedra na súa totalidade.

O documento definitivo, que será presentado, como data límite o 20 de outubro, será a folla de ruta para mellorar a mobilidade na cidade, dando prioridade ós peóns e transporte público ou eléctricos sobre os vehículos privados, reducindo así o gasto enerxético o e impacto medioambiental. 

Os obxectivos do PMUS son, crear proximidade, xerar espazo público vivo, fomentar o atractivo do transporte sustentable como os patinetes ou bicicletas, evitar infraestruturas que obriguen o uso de vehículos privado e adecuar as velocidades para permitir a convivencia entre todos os medios de transporte.

O plan contará con 4 fases. Unha primeira de recollida de datos e análise do territorio, incluíndo análise da demanda e da oferta do que resultará unha diagnose da situación. A segunda fase consiste na identificación dos problemas de mobilidade e unha definición de obxectivos concretos para Tui.  Na terceira fase se definirán as liñas para a redacción do proxecto dentro dun plan sectorial. Por último, na cuarta fase, definiranse as solucións para mellorar a mobilidade da cidade. Unha vez rematadas estas catro fases, crearán o documento do PMUS. Paralelamente van farán unha análise enerxética coa que se va a medir o aforro que resultaría coa aplicación deste Plan de Mobilidade Sustentable.  

O proceso de elaboración de PMUS contará coa participación cidadá a través de enquisas na web do concello, entrevistas co tecido asociativo e diferentes colectivos e traballo de campo.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, destacou o reto de mellorar a mobilidade especialmente dentro da Eurocidade e a conexión do río co conxunto monumental. Ademáis resaltou “a importancia de dar relevancia as novas formas de mobilidade, mais sustentables e menos contaminantes polas que no futuro haberá que apostar. “