Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Campamento de verán do Concello de Tui contará con dúas quendas na segunda quincena de xullo e a primeira de agosto

28/05/2019

As inscricións poderán realizarse do 11 ao 21 de xuño na secretaría do Concello de Tui

O Campamento de Verán de Tui 2019, organizado polo Concello de Tui contará este ano con dúas quendas, a primeira do 15 ao 31 de xullo, e a segunda do 1 ao 16 de agosto. O prazo de inscrición será do 11 ao 21 de xuño, entregando a solicitude e a documentación requirida, na secretaría da casa do Concello de Tui.

Este campamento vai dirixido a aos nenos/as e mozos/as de Tui con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (idades cumpridas ao inicio de cada quenda), co fin de ofrecer unha alternativa lúdica-deportiva-educativa aos cativos/as do concello. Ademais, co desenvolvemento destes campamentos, preténdese ofertar unha alternativa aos pais e nais que traballan durante ese período, para que podan conciliar así a vida familiar e laboral.

O prezo do campamento será o mesmo que nas edicións pasadas, estando establecido por quenda e participante en 30,56€.

Condicións xerais

Solicitude de inscrición