Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Martín Oro e Mónica Pustilnik no segundo concerto do Festival Via Stellae en Tui o sábado ás 21 h. na Igrexa de San Domingos

11/07/2008

Martín Oro e Mónica Pustilnik no segundo concerto do Festival Via Stellae en Tui

Interpretarán obra amorosas dos séculos XVI e XVII o sábado ás 21h Xoves, 10 de xullo de 2008.

Este sábado, 12 de xullo, ás 21h a Igrexa de Santo Domingo acollerá o segundo concerto do III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños, Via Stellae, en Tui. Esta cita musical correrá a cargo do contratenor Martín Oro e da intérprete de laúde Mónica Pustilnik.  Os dous artistas naceron en Bos Aires aínda que levan xa anos residindo en Europa. Martín Oro está afincado en Suiza e Mónica Pustilnik é Aquí están colleitando un amplo recoñecemento polas súas carreiras no mundo da música antiga e barroca. 

Este sábado en Tui ofrecerán "Romance: cancións amorosas con acompañamento de guitarra e laúde”, os temas do seu último disco conxunto. Trátase dun repertorio do século  XVI e XVII con obras de Caccini, Monteverdi ou Ferrari. Lembramos que o concerto será este sábado ás 21h na Igrexa de Santo Domingo con entrada libre até completar o aforamento. 

III Festival Via Stellae

Martín Oro e Mónica Pustilnik

Data: Sábado 12 de xullo ás 21h

Lugar: Igrexa de Santo Domingo

Entrada Libre até completar o aforamento.