Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase a programación de Nadal

27/11/2019

Mañá xoves, 28 de novembro, ás 16.30 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase a programación de Nadal organizada polo Concello de Tui.  Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto ás concelleiras de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, e Comercio e Mercado, Ana Mª Núñez.