Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Concerto de Fin de Ano

19/12/2019

Mañá venres, 19 de decembro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello de Tui presentarase o concerto de Fin de Ano que terá lugar o próximo venres, 27 de decembro.

A presentación correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, xunto aos representantes das agrupacións que participarán no concerto. Serán pola Coral CentroSociomunitorio o seu director David González, e o seu secretario Gonzalo González; pola Coral Ponte das Febres o seu tesoureiro Manuel González e unha compoñente, Helena Ucha; pola Coral San Telmo a súa presidenta Teresa Prieto e o seu secretario Ricardo Martínez, e pola Banda de Música Popular de Tui: o seu presidente Samuel Solla e o seu director Eloy Carrera.