Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntanse as actividades do Nadal Solidario de Tui

6/12/2018

Mañá venres, 7 de decembro, ás 11h na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación das actividades do Nadal Solidario que se vai celebrar en Tui. Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde, Carlos Vázquez Padín, o concelleiro de Cultura, Eduardo Freiría, e o presidente de ACITUI, Juan Carlos Blanco.

As actividades de Nadal na cidade ábrense mañá venres ás 20h co acendido do alumeado que terá lugar na Praza da Inmaculada e no que se contará coa actuación da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.