Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Mañá ás 20 h descubrirase a placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez

7/06/2019

Mañá sábado, 8 de xuño, ás  20 h terá lugar o descubrimento da placa do Paseo Familia Álvarez Blázquez, tras o acordo unánime da corporación municipal en pleno o pasado mes de abril.

O acto comezará na Glorieta de Vigo coa recepción dos membros da familia Álvarez Blázquez e convidados por parte da corporación municipal en funcións.

No acto intervirá o alcalde de Tui en funcións, Carlos Vázquez Padín, xunto a Alfonso Álvarez Gándara en representación da familia Álvarez Blázquez.   Soará “Desterro opus 31” co texto dun poema de Xosé María Álvarez Blázquez musicado por Rodolfo Halffer e interpretado por Aurelio Viribay e Marta Knörr. Actuará tamén o grupo “A tu ritmo”.